As altas presións continuarán un día máis estacionarias ó norte das Illas Británicas, deixando un día seco e soleado, aínda que por momentos teremos intervalos de nubes medias que cubrirán parcialmente o ceo; no norte de Lugo teremos posibilidade de precipitacións febles e ocasionais ás primeiras horas que poderán ser de neve por riba dos 600 metros. As temperaturas non terán cambios, aínda que puntualmente se rexistraron ascensos das mínimas; xeadas xeneralizadas no interior. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral, con intervalos fortes pola tarde na Costa da Morte e algo máis frouxos no interior.
Ceos despexados ó principio con intervalos de nubes medias ó longo do día que por momentos cubrirán parcialmente o ceo; no norte de Lugo teremos algunha precipitación ocasional ás primeiras horas, de neve por riba dos 600 metros.
Temperaturas sen cambios significativos, con ascensos puntuais das mínimas; xeadas xeneralizadas no interior.
Ventos do nordés, moderados no litoral, con intervalos fortes na Costa da Morte e algo máis frouxos no interior.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 12ºC | 4ºC |
| Fisterra | 12ºC | 3ºC |
| Santiago | 11ºC | 1ºC |
| Monforte | 10ºC | -2ºC |
| Lugo | 10ºC | -2ºC |
| Ribadeo | 9ºC | 5ºC |
| Viveiro | 9ºC | 4ºC |
| Ourense | 14ºC | 0ºC |
| Verín | 11ºC | -2ºC |
| Lalín | 10ºC | 0ºC |
| Pontevedra | 15ºC | 5ºC |
| Vigo | 15ºC | 6ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 5ºC |
| A Coruña | 12ºC | 4ºC |
| Pedrafita | 3ºC | -6ºC |
| O Barco | 12ºC | -2ºC |
| Cuntis | 12ºC | 2ºC |
Durante esta xornada teremos unha situación semellante ás anteriores, coas altas presións situadas ó oeste de Irlanda. Isto deixará novamente un tempo soleado con nubes de estancamento no norte de Lugo e A Coruña; pola tarde haberá intervalos anubrados, con nubosidade de tipo medio. As temperaturas non terán cambios significativos ou rexistrarán ascensos puntuais polo que novamente haberá xeadas en comarcas do interior. O ventos soprarán do nordés, moderados no litoral e frouxos no interior.
Ceos pouco nubosos durante a mañá con máis nubes no terzo norte; pola tarde teremos intervalos anubrados, con nubosidade de tipo medio.
Temperaturas estarán sen cambios significativos ou con ascensos puntuais; xeadas en comarcas de interior.
Ventos do nordés, moderados no litoral e frouxos no interior.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 13ºC | 5ºC |
| Fisterra | 13ºC | 4ºC |
| Santiago | 12ºC | 2ºC |
| Monforte | 11ºC | 0ºC |
| Lugo | 11ºC | 0ºC |
| Ribadeo | 11ºC | 6ºC |
| Viveiro | 10ºC | 5ºC |
| Ourense | 15ºC | 1ºC |
| Verín | 13ºC | -1ºC |
| Lalín | 10ºC | 0ºC |
| Pontevedra | 15ºC | 6ºC |
| Vigo | 15ºC | 5ºC |
| Vilagarcía | 13ºC | 5ºC |
| A Coruña | 12ºC | 5ºC |
| Pedrafita | 2ºC | -4ºC |
| O Barco | 13ºC | -1ºC |
| Cuntis | 13ºC | 3ºC |
As altas presións moveranse cara ó oeste durante esta xornada dando lugar a entrada de aire húmido procedente do golfo de Biscaia. Isto fará que teñamos máis anubrados canto máis ó norte, con precipitacións de carácter feble durante a mañá no norte de Lugo e A Coruña que serán de neve por riba dos 800 metros. As temperaturas non terán cambios significativos, aínda que as mínimas poderán subir puntualmente; de tódolos xeitos continuaremos con xeadas en puntos do interior. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico.
Ceos máis anubrados canto máis ó norte, con precipitacións de carácter feble durante a mañá no norte de Lugo e A Coruña que serán de neve por riba dos 800 metros.
Temperaturas sen cambios con ascensos puntuais das mínimas; xeadas illadas en puntos do interior.
Ventos frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral atlántico.
| Localidade | Temperatura Máxima | Temperatura Mínima |
|---|---|---|
| Ferrol | 13ºC | 5ºC |
| Fisterra | 13ºC | 5ºC |
| Santiago | 12ºC | 3ºC |
| Monforte | 10ºC | 0ºC |
| Lugo | 11ºC | 1ºC |
| Ribadeo | 11ºC | 7ºC |
| Viveiro | 10ºC | 6ºC |
| Ourense | 15ºC | 2ºC |
| Verín | 12ºC | 0ºC |
| Lalín | 11ºC | 0ºC |
| Pontevedra | 16ºC | 6ºC |
| Vigo | 15ºC | 6ºC |
| Vilagarcía | 14ºC | 5ºC |
| A Coruña | 13ºC | 5ºC |
| Pedrafita | 1ºC | -4ºC |
| O Barco | 13ºC | -1ºC |
| Cuntis | 13ºC | 4ºC |