Mar de Fábula, un decenio de traballo dende a Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

CRISTÓBAL AÑÓN

ECOVOZ | A entidade ten un taller-obradoiro dende o que saen verdadeiras creacións do maxín

29 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Na Costa da Morte e ampliando tamén máis aló, existe unha entidade asemade referencial na conversión do lixo mariño, das crebas, en arte. Mar de Fábula, presidida por Virginia Barros logo de relevar ao seu pai, Xosé Manuel Barros, ten a súa sede en Camelle, e alí un taller-obradoiro dende o que saen verdadeiras creacións do maxín. A asociación, que xustamente este 2024 cumpriu o seu primeiro decenio de vida, desenvolve unha importante labor de sensibilización, visibilización e traballo con escolares e outros colectivos sociais, sendo as limpezas practicamente semanais en areais diversos as que tamén contribúen a poñer o foco na importancia de coidar o medio mariño. Unha das últimas saídas, hai xusto dúas semanas, foi en coídos de Camariñas, no entanto que a prevista para onte en Traba de Laxe foi suspendida por previsión de mal tempo.

Clasificación

Faise nestas saídas unha primeira clasificación do lixo recollido, no que aquel material susceptible de aproveitamento para conversión en obxecto artístico se separa para logo darlle ese fin. Brigadas nas que os pequenos se converten en medios de comunicación, garantes dunha conciencia de futuro. Velaí o lema Non é o meu lixo, pero é o meu planeta.