A Roda estrea unha nova versión do Himno do Celta no Día das Letras Galegas 

LA VOZ VIGO

GRADA DE RÍO

O club compartiu a nova peza a través das redes sociais 

17 may 2024 . Actualizado a las 21:55 h.

O Himno do Celta modernízase neste 2024 e para celebrar o Día das Letras Galegas. Foi esta data, o 17 de maio a escollida para lanzar unha nova versión que vén da man dos seus artífices orixinais, o grupo A Roda, que compartiu a nova gravación a través de YouTube e Spotify e que foi publicada tamén poco propio club vigués a través das redes sociais.

«Nova versión do clásico Himno do Celta! A Roda e o RC Celta celebramos o Día das Letras Galegas cun novo arranxo do tradicional himno celeste.Un cántico que é parte da nosa identidade e soará sempre en cada partido en Balaídos», escribía o club. Aínda que esta composición, que soaba antes dos inicios dos partidos no municipal vigués, foi sustituida este curso polo himno do centenario, Oliveira dos cen anos, de C. Tangana, a peza tradicional segue á soar tralo pitido final.